El Blog

 
 

Calendario

<<   Enero 2011    
LMMiJVSD
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31       

Categorías

Archivos

Sindicación

Alojado en
ZoomBlog
 

VALORACIÓN DEL GRADO DE DEPENDENCIA

Por APA - 11 de Mayo, 2007, 21:42, Categoría: General

Según nos informa la Trabajadora Social de la Fundación Menela, Mercedes López, ya está abierto el plazo (a partir del 7 de mayo) para proceder a poner en marcha el proceso de valoración del grado de dependencia de nuestros hijos, de acuerdo con la Ley 39/2006.

Como se trata de varios trámites que quizá resultaría engorroso y poco claro explicar aquí, recomendamos que los padres se pongan en contacto con la citada Trabajadora Social para recabar más detalles.

APA CASTRO NAVÁS

YOLANDA MANRIQUE PREMIADA

Por APA - 9 de Mayo, 2007, 19:35, Categoría: General

   Mi vida desde tu pincel



Yolanda Manrique Pereira, residente del Centro Castro Navás, fue galardonada con el tercer premio de pintura del concurso: "Mi vida desde  tu pincel", organizado por FAMMA.Cocemfe (Federación de Asociaciones de Personas con Discapacidad Física y Orgánica de la Comunidad de Madrid).

Al concurso de presentaron 36 obras. El jurado estaba formado por seis miembros expertos en bellas artes y en discapacidad. La entrega de premios tuvo lugar el día 15 de marzo en Madrid.

NOVAS DA FUNDACIÓN MENELA

Por MENELA - 1 de Marzo, 2007, 10:57, Categoría: General

A partires de agora, desexamos manter informados os nosos socios (dentro das nosas posibilidades) de actividades culturais e soziais, que teñan que ver co interese da sociedade, en xeral, por os afectados por TEA.

 REPORTAXE DE CASTRO NAVÁS NA "VOZ DE GALICIA"

"No día 28 de febreiroestiveron en CASTRO NAVAS, un periodista da Voz de Galicia, que fixo unha reportaxe, sobre o Centro e sacou varias fotografías. O susodito reportaxe, esta previsto que poida saír, no suplemento do sábado ou domingo da propia Voz de Galicia. 

A TVG EN CASTRO NAVÁS

Por outra banda, a TVG, achegouse a Castro Navas, para facerlle unha reportaxe a nosa "artista plástica" mais significativa e representativa: Yolanda Manrique Pereira. A comunica que a a reportaxe, sairá o sábado, día 3 de marzo ou domingo, día 4 de marzo, entre 12.00  - 13.30 horas, no programa: Reportaxe Fin de Semana da Televisión de Galicia.

CICLO DE CINE NO EDIFICIO CAMI DA RÚA LAXE

Estase a celebrar o Ciclo "Cine e Discapacidade", que regularmente, se esta a proxectar no Edificio CAMI, da rúa Laxe. O día 1 de marzo, e as 19.30 horas, se proxectará: O Milagro de Anna Sullivan de Arthur Penn, interpretada por: Anne Bancroft.. Para mais información sobre este tema contactar con Paula: pestevez@menela.org

(Información facilitada pola dirección da Fundación Menela)

DEREITOS E OBRIGACIÓNS DO SOCIO

Por Xunta Directiva - 22 de Diciembre, 2006, 23:07, Categoría: General

A nosa pertenza a unha Asociación, implica non somentes pagar unha cantidade de diñeiro anual, senón asistir ás Asembleas ou reunións que se convocan estatutariamente. Os Estatutos do APACASTRO NAVÁS, que cando nos inscribimos como socios aceptamos con todolos seus dereitos e obrigas, son craros respecto diso.

¡Asiste ás Asembleas para que as decisións que se tomen sexan o máis ampliamente consensuadas!

A Xunta Directiva

NOVAS DA FUNDACIÓN MENELA

Por Canteiro - 12 de Diciembre, 2006, 15:25, Categoría: General

O Centro de Día e Residencial Castro Navás, é un lugar de referencia na área de Vigo para o desenvolvemento das persoas con autismo maiores de dezaseis anos. Pero ademáis é un entorno con referencia histórica, especialistas da Universidade de Santiago puxeron en valor unha vivenda da cultura castrexa duns 2000 anos de antigüidade que se atopa dentro do seu recinto, e que, en palabras do Director Xeral de Fundación Menela á que pertence o Centro, D. Cipriano Jiménez, "a recuperación deste elemento, favorecerá a integración dos usuarios do centro". A recuperación dos restos contou coa colaboración da Consellería de Cultura.

Por outro lado, Castro Navás a través da Fundación Menela, será no futuro un referente na prestación de servizos, xa que contará coa primeira residencia en Galicia, e unha das poucas en España, destinadas a persoas cunha gran dependencia a causa de minusvalías físicas ou psíquicas. O centro será pioneiro polo diseño ergonómico de cada unha das estancias do inmoble, que estarán adaptadas para facilitar a vida dos futuros residentes. O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, Ministerio de Asuntos Sociais e Unión Europea. (Tomado do Boletín de Autismo Galicia: BIAR)

Nota da Redacción: As novas que se refiren a "mini-Residencia" que xa está en proxecto (con fins xeriátricos, por decilo de algún xeito), xa foron ampliadas na Xuntanza de fin de curso celebrada o día 22 de decembro no Centro Castro Navás. Nesta xuntanza, foron expricados os distintos aspectos do que será o peche dun ciclo: escola para nenos, residencia ocupacional para adultos e, neste caso que nos ocupa: residencia para maiores ou persoas con determinados problemas que requiran unha atención mais "persoalizada".

APA CASTRONAVAS

FUNDACIÓN TUTELAR CAMIÑO DO MIÑO

Por Canteiro - 11 de Diciembre, 2006, 19:11, Categoría: General

Unha das cousas que moitos pais adoitamos deixar para "mañá", é a tramitación da INCAPACIDADE XUDICIAL dos nosos fillos afectados polo TEA. Unhas veces confiando na futura "disponibilidade" de irmáns e parentes próximos ou por deixamento, imos relegando este proceso malia ser conveniente (¡nalgúns casos, apremiante!), en especial pola avanzada idade dos progenitores ou por enfermidade dos mesmos.


Na Xunta Directiva do APA CASTRO NAVÁS pensamos que sería bo (¡tanto para os nosos fillos como para a nosa tranquilidade!) realizar, canto antes, o trámite legal da incapacitación xudicial. Unha vez feita, estaremos en condicións de nomear titor, ben sexa este unha persoa xurídica ou física, para o día en que non esteamos aquí ou non podamos atender persoalmente aos nosos fillos, por razóns de idade ou enfermidade.


Unha das pezas fundamentais no ciclo vital dos nosos fillos, será sen dúbida a "FUNDACIÓN TUTELAR CAMIÑO DO MIÑO" que, nestes intres, xa está funcionando con normalidade. Esta Fundación, auspiciada pola FUNDACIÓN MENELA, cumprirá importantes funcións no asesoramiento legal dos pais e na posterior tutela dos seus fillos, caso de cumprir coas condicións necesarias para poder ser tutelados.


Pola importancia que creemos ten esta Fundación Tutelar, seguiremos informando, puntualmente de cantas novidades se vaian producindo.


A.P.A. CASTRO NAVÁS


apacastronavas@yahoo.es



XUNTA DIRECTIVA DA APA "CASTRO NAVÁS"

Por canteiro - 6 de Diciembre, 2006, 22:39, Categoría: General

Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado día 27 de octubro do 2.006, foi elixida unha nova Xunta Directiva. Os membros da mesma son:

PRESIDENTE: Fernando J. M. Domínguez González

VICEPRESIDENTA: María Concepción Romasanta Rodriguez

SECRETARIA: Esperanza Martínez Miguelez

TESOUREIRA: Josefa Gómez Borrajo

VOCAIS: Eloy Alonso Misa / Rosa López Martínez

Pregamos, para calquera asunto relacionado coa APA vos poñades en contacto no E-Mail:

apacastronavas@yahoo.es

QUIENES SOMOS

Por Junta Directiva - 6 de Diciembre, 2006, 19:36, Categoría: General

"Ser autista, descoñecer todo tipo de prexuicios e tabús, permanecer separado por invisibles fronteiras dos que actuamos por conveniencias ou imposicións sociáis, pode parecer algo misterioso, ata fascinante, pero sen dúbida... ¡moi doloroso!"


O A.P.A. CASTRO NAVÁS, é unha Asociación de
Pais de persoas adultas afectadas polo TEA (Trastorno do Espectro Autista). A nosa Asociación, en estreita cooperación coa Fundación Menela de Vigo e a dirección do seu Centro Residencial - Ocupacional "CASTRO NAVÁS", pretende proporcionar aos nosos fillos unha voz que, lamentablemente, eles non teñen.

O lecer, unha das "actividades" que para calquera persoa adulta é fundamental, no caso dos afectados polo TEA, ha de ser programado de maneira que non cumpra soamente unha función lúdica, senón tamén terapéutica e integradora na sociedade. Por medio do que poderiamos chamar "lecer-terapia", os nosos fillos poden explorar e coñecer a súa contorna e, dentro das súas posibilidades, comprender e asumir certas regras sociais de conduta.

Esta páxina, dentro das súas limitacións, desexa servir de punto de encontro entre os pais para que a Asociación revitalícese e cumpra, coa real cooperación de todos os seus socios, as funcións para as que foi creada. Facelo posible é tarefa de todos e cada un de nós.

Con cordiais saúdos,

A Xunta Directiva

A.P.A. CASTRO NAVÁS 

Rúa Navás, 11

36391 PRIEGUE-NIGRÁN (Pontevedra)

apacastronavas@yahoo.es

Blog alojado en ZoomBlog.com