Calendario
ApúntateCategorías
Archivos
SindicaciónEnlaces |
December 2006DEREITOS E OBRIGACIÓNS DO SOCIO
Por Xunta Directiva - December 22nd, 2006, 23:07, Categoría: General
A nosa pertenza a unha Asociación, implica non somentes pagar unha cantidade de diñeiro anual, senón asistir ás Asembleas ou reunións que se convocan estatutariamente. Os Estatutos do APACASTRO NAVÁS, que cando nos inscribimos como socios aceptamos con todolos seus dereitos e obrigas, son craros respecto diso.
¡Asiste ás Asembleas para que as decisións que se tomen sexan o máis ampliamente consensuadas!
A Xunta Directiva
NOVAS DA FUNDACIÓN MENELA
O Centro de Día e Residencial Castro Navás, é un lugar de referencia na área de Vigo para o desenvolvemento das persoas con autismo maiores de dezaseis anos. Pero ademáis é un entorno con referencia histórica, especialistas da Universidade de Santiago puxeron en valor unha vivenda da cultura castrexa duns 2000 anos de antigüidade que se atopa dentro do seu recinto, e que, en palabras do Director Xeral de Fundación Menela á que pertence o Centro, D. Cipriano Jiménez, "a recuperación deste elemento, favorecerá a integración dos usuarios do centro". A recuperación dos restos contou coa colaboración da Consellería de Cultura. Nota da Redacción: As novas que se refiren a "mini-Residencia" que xa está en proxecto (con fins xeriátricos, por decilo de algún xeito), xa foron ampliadas na Xuntanza de fin de curso celebrada o día 22 de decembro no Centro Castro Navás. Nesta xuntanza, foron expricados os distintos aspectos do que será o peche dun ciclo: escola para nenos, residencia ocupacional para adultos e, neste caso que nos ocupa: residencia para maiores ou persoas con determinados problemas que requiran unha atención mais "persoalizada". APA CASTRONAVAS FUNDACIÓN TUTELAR CAMIÑO DO MIÑO
Unha das cousas que moitos pais adoitamos deixar para "mañá", é a tramitación da INCAPACIDADE XUDICIAL dos nosos fillos afectados polo TEA. Unhas veces confiando na futura "disponibilidade" de irmáns e parentes próximos ou por deixamento, imos relegando este proceso malia ser conveniente (¡nalgúns casos, apremiante!), en especial pola avanzada idade dos progenitores ou por enfermidade dos mesmos.
XUNTA DIRECTIVA DA APA "CASTRO NAVÁS"
Na Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado día 27 de octubro do 2.006, foi elixida unha nova Xunta Directiva. Os membros da mesma son: PRESIDENTE: Fernando J. M. Domínguez González VICEPRESIDENTA: María Concepción Romasanta Rodriguez SECRETARIA: Esperanza Martínez Miguelez TESOUREIRA: Josefa Gómez Borrajo VOCAIS: Eloy Alonso Misa / Rosa López Martínez Pregamos, para calquera asunto relacionado coa APA vos poñades en contacto no E-Mail: QUIENES SOMOS
Por Junta Directiva - December 6th, 2006, 19:36, Categoría: General
"Ser autista, descoñecer todo tipo de prexuicios e tabús, permanecer separado por invisibles fronteiras dos que actuamos por conveniencias ou imposicións sociáis, pode parecer algo misterioso, ata fascinante, pero sen dúbida... ¡moi doloroso!"
O lecer, unha das "actividades" que para calquera persoa adulta é fundamental, no caso dos afectados polo TEA, ha de ser programado de maneira que non cumpra soamente unha función lúdica, senón tamén terapéutica e integradora na sociedade. Por medio do que poderiamos chamar "lecer-terapia", os nosos fillos poden explorar e coñecer a súa contorna e, dentro das súas posibilidades, comprender e asumir certas regras sociais de conduta. Esta páxina, dentro das súas limitacións, desexa servir de punto de encontro entre os pais para que a Asociación revitalícese e cumpra, coa real cooperación de todos os seus socios, as funcións para as que foi creada. Facelo posible é tarefa de todos e cada un de nós. Con cordiais saúdos, A Xunta Directiva A.P.A. CASTRO NAVÁSRúa Navás, 11 36391 PRIEGUE-NIGRÁN (Pontevedra) |