El Blog

 
 

Calendario

     December 2006  >>
SMTWTFS
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31       

Categorías

Archivos

Sindicación

Alojado en
ZoomBlog
 

FUNDACIÓN TUTELAR CAMIÑO DO MIÑO

Por Canteiro - December 11th, 2006, 19:11, Categoría: General

Unha das cousas que moitos pais adoitamos deixar para "mañá", é a tramitación da INCAPACIDADE XUDICIAL dos nosos fillos afectados polo TEA. Unhas veces confiando na futura "disponibilidade" de irmáns e parentes próximos ou por deixamento, imos relegando este proceso malia ser conveniente (¡nalgúns casos, apremiante!), en especial pola avanzada idade dos progenitores ou por enfermidade dos mesmos.


Na Xunta Directiva do APA CASTRO NAVÁS pensamos que sería bo (¡tanto para os nosos fillos como para a nosa tranquilidade!) realizar, canto antes, o trámite legal da incapacitación xudicial. Unha vez feita, estaremos en condicións de nomear titor, ben sexa este unha persoa xurídica ou física, para o día en que non esteamos aquí ou non podamos atender persoalmente aos nosos fillos, por razóns de idade ou enfermidade.


Unha das pezas fundamentais no ciclo vital dos nosos fillos, será sen dúbida a "FUNDACIÓN TUTELAR CAMIÑO DO MIÑO" que, nestes intres, xa está funcionando con normalidade. Esta Fundación, auspiciada pola FUNDACIÓN MENELA, cumprirá importantes funcións no asesoramiento legal dos pais e na posterior tutela dos seus fillos, caso de cumprir coas condicións necesarias para poder ser tutelados.


Pola importancia que creemos ten esta Fundación Tutelar, seguiremos informando, puntualmente de cantas novidades se vaian producindo.


A.P.A. CASTRO NAVÁS


apacastronavas@yahoo.es



Blog alojado en ZoomBlog.com