O Centro de Día e Residencial Castro Navás, é un lugar de referencia na área de Vigo para o desenvolvemento das persoas con autismo maiores de dezaseis anos. Pero ademáis é un entorno con referencia histórica, especialistas da Universidade de Santiago puxeron en valor unha vivenda da cultura castrexa duns 2000 anos de antigüidade que se atopa dentro do seu recinto, e que, en palabras do Director Xeral de Fundación Menela á que pertence o Centro, D. Cipriano Jiménez, "a recuperación deste elemento, favorecerá a integración dos usuarios do centro". A recuperación dos restos contou coa colaboración da Consellería de Cultura.
Por outro lado, Castro Navás a través da Fundación Menela, será no futuro un referente na prestación de servizos, xa que contará coa primeira residencia en Galicia, e unha das poucas en España, destinadas a persoas cunha gran dependencia a causa de minusvalías físicas ou psíquicas. O centro será pioneiro polo diseño ergonómico de cada unha das estancias do inmoble, que estarán adaptadas para facilitar a vida dos futuros residentes. O proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia, Ministerio de Asuntos Sociais e Unión Europea. (Tomado do Boletín de Autismo Galicia: BIAR)
Nota da Redacción: As novas que se refiren a "mini-Residencia" que xa está en proxecto (con fins xeriátricos, por decilo de algún xeito), xa foron ampliadas na Xuntanza de fin de curso celebrada o día 22 de decembro no Centro Castro Navás. Nesta xuntanza, foron expricados os distintos aspectos do que será o peche dun ciclo: escola para nenos, residencia ocupacional para adultos e, neste caso que nos ocupa: residencia para maiores ou persoas con determinados problemas que requiran unha atención mais "persoalizada".
APA CASTRONAVAS