Calendario
ApúntateCategorías
Archivos
SindicaciónEnlaces |
NOVAS DA FUNDACIÓN MENELA
A partires de agora, desexamos manter informados os nosos socios (dentro das nosas posibilidades) de actividades culturais e soziais, que teñan que ver co interese da sociedade, en xeral, por os afectados por TEA. REPORTAXE DE CASTRO NAVÁS NA "VOZ DE GALICIA" "No día 28 de febreiro, estiveron en CASTRO NAVAS, un periodista da Voz de Galicia, que fixo unha reportaxe, sobre o Centro e sacou varias fotografías. O susodito reportaxe, esta previsto que poida saír, no suplemento do sábado ou domingo da propia Voz de Galicia.
A TVG EN CASTRO NAVÁS
Por outra banda, a TVG, achegouse a Castro Navas, para facerlle unha reportaxe a nosa "artista plástica" mais significativa e representativa: Yolanda Manrique Pereira. A comunica que a a reportaxe, sairá o sábado, día 3 de marzo ou domingo, día 4 de marzo, entre 12.00 - 13.30 horas, no programa: Reportaxe Fin de Semana da Televisión de Galicia.
CICLO DE CINE NO EDIFICIO CAMI DA RÚA LAXE
Estase a celebrar o Ciclo "Cine e Discapacidade", que regularmente, se esta a proxectar no Edificio CAMI, da rúa Laxe. O día 1 de marzo, e as 19.30 horas, se proxectará: O Milagro de Anna Sullivan de Arthur Penn, interpretada por: Anne Bancroft.. Para mais información sobre este tema contactar con Paula: pestevez@menela.org (Información facilitada pola dirección da Fundación Menela) |